As SomozasWeb Directory

As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m.), Pena dos Ladróns (620 m.), Naveira (523 m.), Lameira (518 m.) Barreiros (538 m.) e Cortello (484 m.), todas elas nas parroquias de As Somozas e Recemel. Atravésano o río Mera e o río Grande de Xuvia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.

Sites 2

Loading Loading new listings for you to review...

Other languages 1