Cabanas é un concello da Provincia da Coruña en Galiza. Pertence á Comarca do Eume. O concello de Cabanas está situado na franxa costeira de Galiza, ao nordeste da provincia da Coruña. É o único concello incluído integramente na denominada ría de Ares. Enmarcado na comarca do Eume, limita cos municipios de Fene, Pontedeume, A Capela e Monfero. A xeomorfoloxía defínese pola transición entre a franxa costeira e as superficies de achanzamento inferior. Fronte a unha paisaxe de praias, acantilados e marisma está o profundo val do río Eume, que percorre o sur do municipio, e ao leste, as elevacións da Serra, que serven de límite coa Capela.
Sites 6
Loading new listings for you to review...
- Concello de Cabanas Páxina oficial do Municipio. Información da corporación local, servizos, novas e descarga de impresos.
- CEIP Eladia Mariño Centro público de ensinanza infantil e primaria de Cabanas. Datos das instalacións, novas, aula virtual e actividades.
- Bloque Nacionalista Galego de Cabanas Agrupación política do Concello. Novas, axenda e grupo municipal.
- Partido Socialista Obreiro Español (PSOE) de Cabanas Agrupación política con representación no Concello. Novas e candidatura.
- Anova - Irmandade Nacionalista de Cabanas Agrupación política con representación no Concello. Novas, iniciativas e posibilidade de afiliarse.
- Carpintería José Luis Fabricación de mobles de cociña e baño. A sua localización, produtos, proxectos e contan cunha exposición dos seus traballos.