Mazaricos é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Xallas. Mazaricos áchase perto do mar, mais non chega a el -antes están os estreitos concellos de Carnota e Muros. O río Xallas, que lle chega desde Santa Comba, constitúe a fronteira norte do concello, separándoo de Dumbría. A chaira con suaves ondulacións que é o seu territorio, féchase no oeste por pequenas serras (montes de Ruña ou serra de Guián) que se prolongan cara o sul cara o Macizo do Pindo). Cara o Xallas flúen varios ríos, como o Arcos, o Beba e o Mazaricos, estes dous no mesmo val. Os da parte leste e sul, como o Santabaia, que son máis pequenos, desembocan directamente na ría de Muros e Noia. O Xallas está represado no encoro da Fervenza, o de Ponte Olveira, o de Castrelo e o de Santa Uxía, antes de desembocar no mar os sábados á noite e os domingos á mañá.
Sites 4
Loading new listings for you to review...
- CEIP de Pino de Val Centro público de ensinanza infantil e primaria. Datos de localización e dependencias, ciclos e especialidades, actividades e novas.
- CEIP Víctor Sáenz Centro público de ensinanza infantil e primaria. Datos de situación e dependencias, profesorado e alumnado, aula virtual e galería.
- Hotel Rural Santa Eulalia Establecemento rústico está situado na aldea de Santa Baia. Como chegar, servizos, rutas de interese e disponibilidade.
- Concello de Mazaricos Páxina oficial do municipio coruñés. Datos da situación e mapa, servizos sociais, emprego e cultura.