BandeWeb Directory

Bande é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Baixa Limia. O concello de Bande ten 99 km², e está dominado polos Montes de Bande, ao norte, que son ramificacións da Serra de Leboreiro. As altitudes máximas atópanse neles: Porto Lamas (1.146 m) e Fonte Santa (1.088 m). Polo sul discorre o río Limia, que forma o Encoro das Conchas, e de noroeste a surleste vai o río Cadós, que desemboca nel. Os bosques cobren dous terzos do terreo e o resto ocúpano cultivos e lameiros. O clima é húmido e chuvioso, con temperaturas suaves no verán e baixas no inverno. A media anual é de 13,1 °C.

Sites 3

Loading Loading new listings for you to review...