Castrelo do Val é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Verín. O concello de Castrelo do Val atópase nunha zona de transición entre Cabeza de Manzaneda e a serra de Queixa polo norleste e o val do Támega (ou de Verín ou de Monterrei) no suroeste. As alturas máximas son as de Cabeza de Valdefeira (1.288 m), Peña Nofre (1.291 m) e Cabezo do Sogral (1.369 m), mentres que as alturas mínimas non baixan dos 400 m. O río Támega diríxese cara ao sur. O río Camba está represado no encoro das Portas.
Sites 2
Loading new listings for you to review...
- Concello Castrelo do Val Páxina oficial con datos de localización e corporación municipal, servizos, patrimonio, turismo e trámites en liña.
- CEIP de Castrelo do Val Centro público de ensinanza infantil e primaria. Datos de localización e dependencias, departamentos, actividades e biblioteca.