VerínWeb Directory

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín da que é capital. O concello, de 93,9 km², abrangue 15 parroquias. Limita ao norte co concello de Castrelo do Val, ao leste co concello de Vilardevós, ao sur con Chaves (Portugal), ao oeste co concello de Oímbra e ao noroeste co concello de Monterrei. Este concello está situado no cuadrante sudoriental da provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Dista 72 km de Ourense,170 km de Vigo e 25 km de Chaves. A vila, localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia.

Sites 9

Loading Loading new listings for you to review...

Other languages 1